A Comisión de Cultura do 15º EETG artella a programación cultural que encherá Moaña de festa e tradición mariñeira

Este venres 12 de marzo reuniuse a Comisión de Cultura do 15º EETG para seguir artellando a programación cultural que encherá Moaña de festa, convivio e tradición mariñeira. Pouco a pouco vanse perfilando as diferentes propostas audiovisuais, teatrais e musicais que ocuparán as rúas durante os catro días que dura o Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Esta parte da programación máis lúdica, complementará á parte máis divulgativa materializada en presentacións de libros, exposicións e roteiros guiados.

Todas as actividades están a formularse desde o seu deseño inicial para cumprir cos protocolos de prevención da COVID vixentes.

15º Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

MOAÑA do 5 ao 8 de agosto de 2021

Organización

Patrocinio

Síguenos

Webs relacionadas

Contáctanos

15º EETG. Todos os dereitos reservados.
Deseño e imaxe Diego Seixo.

Esta web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estes propósitos.    Máis información
Privacidad