Avanzando na programación do Encontro

A 15 edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia (EETG) xa está cada vez máis preto. Moaña será escenario deste importante evento entre os días 5 e 8 de agosto e a organización avanza no peche de actividades e actos previstos para eses días na vila morracense.

Onte reuniuse no Concello de Moaña a Comisión de Cultura do XV EETG. A xuntanza prolongouse durante case tres horas e foi calificada como “moi frutuosa” polos asistentes. Representantes dos tres organismos organizadores do Encontro, Concello de Moaña, Culturmar e a Asociación Recreativa e Cultural ‘Sueste‘, avanzaron en multitude de aspectos que estaban pendentes, así como nas actividades e actos a programar.

Os membros da Comisión de Cultura adiantaron que “son innumerables” as actividades que están previstas para a semana do XV EETG en Moaña,, destacando concertos musicais, obradoiros varios, encontros para a rapazada, exposicións, intervencións poéticas, presentación de libros e proxeccións, entre outras. A incertidume e limitacións por mor da pandemia pola Covid-19 está obrigando a retrasar o peche dalgunhas das actividades previstas. Sen embargo, as negociacións da programación avanzan a moi bo ritmo e desde a organización anuncian que “en breve, irase coñecendo o marabilloso programa que estamos a preparar para eses días en na vila”.

barcos, EETG, Encontro, Moaña, Ría de Vigo, Verán

15º Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

MOAÑA do 5 ao 8 de agosto de 2021

Organización

Patrocinio

Síguenos

Webs relacionadas

Contáctanos

15º EETG. Todos os dereitos reservados.
Deseño e imaxe Diego Seixo.

Esta web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estes propósitos.    Máis información
Privacidad