Colaboración co comercio e a hostalería local

Os días avanzan eva celebración do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia xa está máis certa. Para avanzar e pechar en todos os aspectos relacionados con este evento, estanse facendo estes días varias reunións cos axentes directamente implicados. As pequenas e medianas empresas da vila son unha peza fundamental.

A concelleira de Turismo e Promoción Económica, o presidente da Asociación ‘Sueste‘, o xerente da Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (FECIMO), o presidente da Asociación de Empresarios de Moaña (ASEMMO) e unha representante da Asociación de Hosteleiros de Moaña mantiveron unha reunión no concello de Moaña para tratar as liñas de colaboración dos comercios, restaurantes, cafetarías e outros establecementos co XV EETG.

A organización expúxolle a importancia para Moaña e para O Morrazo a celebración dun evento desta envergadura. A colaboración solicitada por parte das entidades organizadoras xirou en torno a tres liñas de actuación. A primeira, a ambientación e engalanamento dos establecementos, facendo especial fincapé nos situados na fronte marítima. Unha segunda liña de colaboración sería a participación dos locais nunha exposición de fotografías de temática mariñeira, pertencentes ao arquivo da Agrupación Cultural Nós. A terceira afectaría aos locais de hostalaría, propoñéndolles que oferten para eses días un almorzó e xantar mariñeiro para aqueles tripulantes ou visitantes que o desexasen.

As propostas foron ben acollidas polos representes das asociacións de profesionais, que se comprometeron a trasladalas aos seus asociados para a súa valoración.  

Comisión do Mar

Ademais, onte xoves reuniuse a Comisión do Mar para abordar diferentes aspectos. Ademais de facer un seguimiento dos acordos anteriores, os membros desta comisión valoraron a situación das inscricións de embarcacións para a 15 edición do EETG, as actividades que se desenvolverán no mar, as relacións coas administración competentes así como as tarefas loxísticas. Ao longo da xuntanza, tomáronse varios acordos respecto dos temas anteriores.

15EETG, barcos, EETG, Embarcacións, Encontro, MAR, Moaña, Ría de Vigo

15º Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

MOAÑA do 5 ao 8 de agosto de 2021

Organización

Patrocinio

Síguenos

Webs relacionadas

Contáctanos

15º EETG. Todos os dereitos reservados.
Deseño e imaxe Diego Seixo.

Esta web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estes propósitos.    Máis información
Privacidad