Voluntariado

Constituída a Comisión de voluntariado do 15º EETG

O pasado 14 de abril foi constituída a Comisión de voluntariado do 15º Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Este grupo de traballo estará encargado de reunir, formar e organizar ás persoas voluntarias que se precisan para o correcto desenvolvento do evento.

Nesta reunión de formalización da comisión estiveron presentes Pablo Martínez e Cristal Cabezas pola Asociación Sueste, Marcos Buide por Culturmar e Daniel Costas polo Concello de Moaña. Ademais participaron nesta primeira sesión as Asociacións de Veciños Novameira, Xeremelo e San Martiño e a Asociación de Mulleres de Moaña. Tamén se iniciaron conversas cos IES As Barxas e Paralaia de Moaña e María Soliño de Cangas, así como con outros centros de ensino para que colaboren con esta comisión.

15º Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

MOAÑA do 5 ao 8 de agosto de 2021

Organización

Patrocinio

Síguenos

Webs relacionadas

Contáctanos

15º EETG. Todos os dereitos reservados.
Deseño e imaxe Diego Seixo.

Esta web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estes propósitos.    Máis información
Privacidad