Estudo da loxística de terra do 15º EETG

O pasado venres 16 de abril reuniuse a Comisión de Terra do 15º EETG á que asistiron o presidente de Culturmar, Xosé Luis Sacau Fontenla, representantes do Concello de Moaña, a Asociación Sueste, a presidenta da Asociación de Mulleres de Moaña e representantes do colectivo Os Devanceiros do Mar.

Deuse un repaso xeral a distribución dos distintos espazos a ocupar polo encontro, estudáronse os accesos, perimetración, necesidades dun plan de tráfico, e deuse vía libre para que Culturmar encargue un estudo protocolo de actuación fronte a covid-19.

Tamén se visitaron as instalacións do Colexio Público de Reibón onde se van a organizar os servizos de garda dos remolques de embarcacións asistentes ao encontro, as estancias das tripulacións que o soliciten, o aparcadoiro de autocaravanas e toda a loxística de preparación das comidas e ceas que se servirán no evento.

15º Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

MOAÑA do 5 ao 8 de agosto de 2021

Organización

Patrocinio

Síguenos

Webs relacionadas

Contáctanos

15º EETG. Todos os dereitos reservados.
Deseño e imaxe Diego Seixo.

Esta web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estes propósitos.    Máis información
Privacidad