
15º Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
Agosto 5 - Agosto 8

O Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia celebrará a súa 15ª edición o próximo verán de 2021, entre o 5 e o 8 de agosto, no Concello de Moaña. Un evento que olla dende a contemporaneidade pola posta en valor e preservación da cultura mariña tradicional galega.
Desde 1993, a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial convoca bianualmente o ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA. A este evento están convidadas todas as asociacións pertencentes á FGCMF e entidades afíns, tanto de Galicia como de Portugal, Irlanda, Francia, Euskadi, Cataluña, Andalucía, Levante e Illas Baleares, tamén particulares e institucións de interese cultural e patrimonial. O Encontro consiste na concentración de embarcacións tradicionais representativas do patrimonio marítimo galego e doutras zonas xeográficas. Esta concentración acompáñase de actos culturais e de lecer, charlas, coloquios, exposicións, publicacións, música e danza tradicional, artesanía…