“Excelente predisposición” da Capitanía Marítima de Vigo

Representantes de Culturmar e da Asociación Cultural e Recreativa Sueste mantiveron o mércores unha reunión con Pablo Pedrosa, responsable de Capitanía Marítima de Vigo, e con Manuel Ángel Rodríguez, xefe de Seguridade Marítima, para tratar diversos temas relacionados coa organización do próximo Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebrará entre os días 5 e 8 de agosto en Moaña.

Pepe Sacau e Enrique Senra asistiron como representantes de Culturmar, e Pablo Martínez, por parte da Asociación Sueste. Segundo as súas palabras, tratouse dunha reunión “de gran cordialidade”, na que se puxo en valor a  “excelente predisposición” por parte do Capitán Marítimo e do responsable da Seguridade Marítima para prestar unha total colaboración coa organización do evento.

EETG, Embarcacións, Encontro, Moaña, Vigo

15º Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

MOAÑA do 5 ao 8 de agosto de 2021

Organización

Patrocinio

Colaboran

Síguenos

Webs relacionadas

Contáctanos

15º EETG. Todos os dereitos reservados.
Deseño e imaxe Diego Seixo.

Esta web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estes propósitos.    Máis información
Privacidad