
Exposicións e concertos no 15º Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
O Goberno Municipal de Moaña, Culturmar e Sueste reuníronse de forma telemática co director xeral de Cultura.
O Concello de Moaña, a Asociación Cultural e Recreativa Sueste e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar), avanzan na organización do 15º Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se desenvolverá en Moaña o próximo verán, do 5 ao 8 de agosto. Onte mantiveron unha reunión co Director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. A alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, manifesta que Culturmar xa xestiona todo o relativo ao financiamento, onte expuxeron achegas en especie que puidesen facerse desde a Xunta.