O voluntariado poderá elixir entre 7 tarefas

En menos de dous meses, Moaña acollerá o 15 Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia (EETG), que se celebrará entre o 5 e o 8 de agosto. Onte reuniuse a Comisión de Voluntariado para para definir os traballos e facer un chamamento á cidadanía para que participe no maior evento marítimo fluvial deste verán e “nos axude nesta gran festa da cultura marítima”. Poden ser voluntarias as persoas maiores de idade ou os mozos e mozas de máis de 16 anos (con autorización familiar ou dos titores legais).

O EETG diferencia sete áreas nas que @s interesad@s poden participar:

1. Apoio loxístico na organización de eventos, actuacións, exposicións e obradoiros.

2. Control de aforo e accesos.

3. Supervisión e control de medios audiovisuais e novas tecnoloxías.

4. Apoio ás tripulacións no mar (é recomendábel ter o título de PER e experiencia).

5. Apoio na loxística do comedor, limpeza e desinfección (se fose preciso) e manutención das persoas participantes.

6. Dinamización do espazo familiar.

7. Atención e información ao publico (precisan alguén que fale inglés).

O voluntariado, que poderá escoller entre quenda de mañá ou de tarde, recibirá formación e estarán cubertas por un seguro de accidentes e responsabilidade civil concertado por Culturmar, unha das entidades organizadoras xunto co Concello de Moaña e a Asociación Recreativa Cultural Sueste.. Ademais, faráselle entrega dunha camisola do evento, da acreditació e de material de continxencia fronte á Covid19, se fose necesario. Tamén recibirán manutención na súa quenda de traballo, ademais de certificación da súa participación.

As persoas interesadas deberán cumprimentar, antes do 25 de xullo, o formulario que está accesible a través da páxina web do evento. A organización resalta o papel da rede de voluntariado como un dos piares fundamentais para a coordinación e organización dun evento desta magnitude.

15EETG, barcos, EETG, Embarcacións, Encontro, Moaña, Ría de Vigo, Verán, Verán 2021

15º Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

MOAÑA do 5 ao 8 de agosto de 2021

Organización

Patrocinio

Colaboran

Síguenos

Webs relacionadas

Contáctanos

15º EETG. Todos os dereitos reservados.
Deseño e imaxe Diego Seixo.

Esta web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estes propósitos.    Máis información
Privacidad