
Frutuosa reunión entre o 15º EETG e o GALP7 Ría de Vigo – A Guarda.
Hoxe, 2 de febreiro, o comité organizador do 15º Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, representado por Coral Ríos polo Concello de Moaña, Pablo Martínez pola Asociación Sueste e Pepe Sacau por Culturmar, reuniuse telemáticamente con Elena Herbello, xerente do GALP7 Ría de Vigo – A Guarda. Nunha reunión frutuosa, presentáronse diversas accións de colaboración entre o GALP e o 15º EETG, que se irán concretando en breve e que darán así continuidade á cooperación que iniciada en anteriores edicións.
Desexamos agradecer ao GALP7 a boa acollida ás propostas presentadas, en prol do obxectivo común de promover e divulgar o noso patrimonio marítimo e fluvial e a nosa cultura mariñeira. Unha vez finalizada a reunión, o Comité analizou o avance dos traballos correspondentes á organización do Encontro.