Serán precisas 80 persoas por día para cubrir as necesidades de voluntariado

A I Xuntanza de Voluntariado do 15 Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia celebrouse no salón de plenos do Concello de Moaña para informar sobre o traballo deste persoal de apoio ao longo dos catro días do evento. A organización explicou que son precisas 80 persoas cada día para cubrir as necesidades de voluntariado. Estas persoas estarán repartidas en quendas de mañá e de tarde, en horario de 10 a 14 horas, e de 17 a 21 horas.

Segundo a organización, o voluntariado é fundamental porque aporta valor, dedicación, diversidade, traballo en equipo, visibilidade, compromiso e accións voluntarias en beneficio da comunidade. Ao longo dos días do Encontro, as persoas voluntarias estarán divididas en 8 espazos ou instalacións:
•Espazo familiar
•Espazo de obradoiros demostrativos
•Espazo da Borna
•Espazo atención tripulacións e público
•Espazo Pavillón do Patrimonio
•Espazo Sons de Mar
•Espazo Taberna Mariñeira: 400 comidas/día.
•Espazo Feira de Artesanía.  

A organización do EETG en Moaña fixo especial fincapé na xuntanza nos deberes das persoas voluntarias:
*Manter unha actitude de colaboración e respecto dos dereitos das persoas destinatarias da acción vloluntaria visitantes e o resto das persoas voluntarias.
*Coidar e facer bo uso dos recursos materiais que poña á súa disposición a entidade organizadora.
*Observar, cumprir e facer cumprir as medidas de seguridade e hixiene que se adopten.
*Rexeitar calquera tipo de contraprestación económica.
*Participar nas accións de formación que organice a entidade e que afecten as tarefas encomendadas.
*Actuar de forma dilixente, coordinada, responsable e solidaria no desenvolvemento da actividade voluntaria, consonte as normas estabelecidas, buscando a calidade e a eficacia.

Tamén se fixo mención os seus dereitos, recollidos na LEI 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria:
•Ser tratadas sen ningún tipo de discriminación con respecto da súa liberdade, dignidade, intimidade e crenzas.
•Participar de maneira solidaria e altruista nas actividades de acción voluntaria do EETG.
•Acordar libremente o tempo e horario de adicación  e tarefas.
•Recibir a información e formación para o exercicio das tarefas que se lle asignen.
•Recibir acreditación ou vestimenta  identificativa da súa condición de persoa voluntaria.
•Cubrir as necesidades de manutención na súa quenda de traballo (comida e/ou cea).
•Seguro de Responsabilidade Civil e accidentes durante o tempo de dedicación.
•Recibir certificación da súa participación.

Entre os días 26 e 30 deste mes de xullo, terá lugar en Moaña unha xuntanza formativa do voluntariado por espazos. Será nestes días cando se ofreza formación específica nas tarefas a desenvolver, ademais de informarse sobre o protocolo de comunicación coas persoas coordinadoras e sobre o protocolo de actuación en caso de incidencias. Tamén será nestes días cando se distribúa o voluntariado nos distintos espazos e cando se informe sobre o programa completo do evento e sobre o cadro de quendas, tarefas e funcións por espazos.

O 31 de xullo, a organización deberá enviar a listaxe do voluntariado ao seguro. Por último, o 5 de agosto será a xornada de acollida e entregaranse as camisolas e o material necesario.

ÁREAS DE TRABALLO DO VOLUNTARIADO:

1.Apoio loxístico na organización de eventos, actuacións, exposicións e obradoiros.20
2. Control de aforo e accesos.19
3. Supervisión e control de medios audiovisuais e novas tecnoloxías.9
4. Apoio ás tripulacións no mar (é recomendábel ter o título de PER e experiencia).14
5. Apoio na loxística do comedor,  limpeza e desinfección (se fose preciso) e manutención das persoas participantes.2
6. Dinamización do espazo familiar4
7. Atención e información ao publico (precisamos contar con algunha persoa que saiba falar inglés).19

NECESIDADES DE VOLUNTARIADO NOS DISTINTOS ESPAZOS DO EETG:

15EETG, barcos, EETG, Embarcacións, Encontro, MAR, Moaña, Ría de Vigo, Verán, Verán 2021

15º Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

MOAÑA do 5 ao 8 de agosto de 2021

Organización

Patrocinio

Colaboran

Síguenos

Webs relacionadas

Contáctanos

15º EETG. Todos os dereitos reservados.
Deseño e imaxe Diego Seixo.

Esta web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estes propósitos.    Máis información
Privacidad