Xuntanza co voluntariado o venres 2 de xullo en Moaña. Enrólaste con nós?

Moaña converterase en agosto na capital da maior festa marítimo fluvial de España. E para que este importante evento sexa todo un éxito precisamos todas as mans. Buscamos persoas voluntarias individuiais ou de entidades veciñais, deportivas, culturais, musicais, educativas, xuvenís que se unan a nós para celebrar esta festa do mar e desfrutar todas xuntas. Este evento será moi positivo para Moaña, as súas xentes e a súa economía.

O venres 2 de xullo teremos unha xuntanza coas persoas interesadas en axudar. Será ás 20h no Salón de Plenos do Concello de Moaña. Se estás interesada ou interesado en participar activamente neste importante evento, agardámoste o venres para aclararche calquera dúbida e proporcionar toda a información que precisedes.

✅Para anotarte como voluntaria/o entra na seguinte ligazón: https://forms.gle/VK64bP28gHBDNRtk7

15EETG, EETG, MAR

15º Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

MOAÑA do 5 ao 8 de agosto de 2021

Organización

Patrocinio

Colaboran

Síguenos

Webs relacionadas

Contáctanos

15º EETG. Todos os dereitos reservados.
Deseño e imaxe Diego Seixo.

Esta web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estes propósitos.    Máis información
Privacidad