Xuntanza con alumnos do Centro ‘A Aixola’ de Marín

Os alumnos e alumnas do curso de Carpintaría de Ribeira do Centro de Formación ‘A Aixola‘ de Marín coñeceron o martes de primeira man as actividades programadas ata o momento no XV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebrará en Moaña entre os días 5 e 8 de agosto. Ata Marín desprazáronse Pablo Martínez e Celso Coloret, dous membros da Asociación Recreativa e Cultural ‘Sueste’, unha das organizadoras do evento, xunto coa asociación Culturmar e o Concello de Moaña. Durante a presentación do Encontro, Martínez e Coloret explicáronlles os alumnos plan de voluntariado para o evento, que xa está activo e recibindo as primeiras solicitudes para participar no que de seguro será o evento marítimo fluvial máis importante do norte da Península.

barcos, EETG, Encontro, Moaña, Ría de Vigo

15º Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

MOAÑA do 5 ao 8 de agosto de 2021

Organización

Patrocinio

Colaboran

Síguenos

Webs relacionadas

Contáctanos

15º EETG. Todos os dereitos reservados.
Deseño e imaxe Diego Seixo.

Esta web utiliza cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estes propósitos.    Máis información
Privacidad